Pasaron por aquí, vol. V

Día -43 | A Praza Maior de Ourense acolle esta noite, dende as 22:00h, a proxección de Vilamor, do director Ignacio Vilar (Petín, 1951), a historia dun grupo de persoas que, a finais dos setenta, soñaban cun mundo mellor e decidiron facelo realidade. O filme, que non puido ser presentado no 16OUFF por unha pequena demora do laboratorio, é o oitavo na filmografía de Vilar, que está moi vencellada ao decorrer do noso Festival de Cine. Na terceira edición presentaba a súa curta O cambio (1997) e, un par de anos despois, Disonancias (1999).

Ilegal (2002), protagonizado por Lucía Jiménez e Chete Lera, abriría a sétima edición do OUFF e, seis anos despois, en 2008, o Festival de Cine de Ourense organizaría a estrea de Pradolongo. Neste proxecto, Vilar enrolaría canda el moitos dos actores que agora o acompañan en Vilamor, nomeadamente Rubén Riós, Tamara Canosa, Sabela Arán… Esta aposta valeríalle o Premio Especial do 13OUFF “polo uso de novos talentos e recursos galegos nunha película que expresa valores ecolóxicos e universais”. O último acto público de Ignacio Vilar no marco do OUFF foi co gallo da presentación do proxecto de A Esmorga, unha adaptación da novela de Eduardo Blanco Amor ao cine da que, polo de agora, só coñecemos que está en proxecto.

Falando de amor, botemos unha ollada ao 1999: a película inaugural da 4ª edición foi Arde amor, de Raúl Veiga. A cinta está protagonizada por Rosana Pastor, Sergi López ou Chete Lera, entre outros, e conta a historia do suicidio dunha parella e as consecuencias e encrucilladas nas que se ven os amigos dela. Para presentala, acudiu unha nutrida representación do reparto encabezada, precisamente, polo seu director. Raúl Veiga repetiría presenza no OUFF, desta vez como xurado, na 13ª edición.

Daquel 1999 lembramos, igualmente, o paso da actriz Ingrid Rubio por Ourense. O motivo da súa visita non foi outro que presentar o filme de clausura, Un día baixo o sol (do noregués Bent Hamer), na que compartía protagonismo con Paco Rabal, Luís Cuenca ou Pilar Bardem.

Polo de hoxe chega ben. Seguiremos indagando no arquivo do Festival e dando boa conta da xente que pasou por aquí.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s