Unhas viandas para o camiño

Día -44 | Igual que os ciclistas non poden subir tantas montañas alimentados só con espaguetis, na oficina do OUFF tampouco podemos sobrelevar o traballo diario sen alimentar o bandullo de vez. E porque non está ben que o café entre só, hai que preparar unhas boas viandas para facer este camiño. Hai loables iniciativas, coma algún pastel caseiro, as galletas que Mr. Campo acumula na súa mesa ou as deliciosas cañas fritas que trouxo Carolina Carrillo, directora arxentina, o pasado Festival. Pero se hai unha que conquista os nosos corazonciños, esas son as madalenas da nai de Raquel (Comunicación). Cómpre dicir que, pese as reticencias iniciais, pouco duran sobre a mesa. E tamén que, larpeiros de nós, botamos de menos esta caste de sorpresas en forma de doce.

2 opinións sobre “Unhas viandas para o camiño

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s