Pasaron por aquí, vol. IV

Día -45 | A primeira película que se proxectou no Ourense Film Festival (OFF, daquela, do 4 a 10 de novembro de 1996) foi La Moños. Dirixida por Mireia Ros (Alicia en la España de las Maravillas, Tres en raya, Los años dorados…), estaba baseada nun popular personaxe das Ramblas barcelonesas dos anos 30, unha desas persoas anónimas que habitan en todas as cidades do mundo e que acaban converténdose en universais. Traemos este dato a colación porque La Moños foi a única incursión de Adolfo Domínguez como produtor no mundo do cinema.

Non sería, porén, a única ocasión que o apelido Domínguez se paseou polo Festival de Cine. A súa filla, Adriana Domínguez, formou parte do xurado internacional de longametraxes en 2003, compartindo mesa de reunións cos cubanos Senel Paz ou Jorge Perugorría, entre outros.

Lamentamos o pequeno percorrido do deseñador ourensán no mundo do cine, pero en contrapartida temos que celebrar a incursión dun cineasta no mundo do viño. Falamos de José Luis Cuerda (Albacete, 1947), que inaugurará a Seminci co seu novo filme Todo es silencio (case irrecoñecible nestas imaxes, sen a barba e os lentes característicos). O director fincado en Leiro foi homenaxeado na segunda edición do Festival de Cine cunha retrospectiva da súa obra, e participou en diferentes actividades do certame, como na entrega da Calpurnia á Mellor Película (recaeu en Tren de sombras, de José Luis Guerín, na foto). En calquera caso, un dos filmes que se puideron ver en Unha ollada sobre José Luis Cuerda foi El Bosque Animado (1987), protagonizada por un Alfredo Landa do que xa falaremos en próximas entregas.

Tres anos despois, na quinta edición do Festival, voltaba El bosque animado, pero na súa versión, valla a redundancia, animada. O Teatro Principal acolleu a estrea do tráiler do grande proxecto de Dygra Films, e non quixeron perder a ocasión de acudir ao evento os directores Manuel Gómez e Ángel de la Cruz, así como o produtor Manuel Cristóbal. Aproveitamos a ocasión para darlles os parabéns a estes dous últimos, a quen vemos na fotografía, xa que Arrugas (producida por eles) vén de ser nomeada candidata a Mellor Película Europea de Animación do Ano.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s