Pasaron por aquí, vol. III

Día -46 | A directora Isabel Coixet (Sant Adrià del Besós, 1960) comeza estes días a rodaxe de Ayer no termina nunca, unha coprodución entre Miss Wasabi Films e A Contracorriente Films, cuxos actores protagonistas son Javier Cámara e Candela Peña. E nós, que celebramos a rodaxe e agardamos con impaciencia a nova entrega da catalá, volvemos facer usufruto da actualidade e usámola de pretexto para unha nova entrega do serial Pasaron por aquí. E é que a autora de Mi vida sin mí, La vida secreta de las palabras ou Mapa de los sonidos de Tokyo quixo visitarnos en 1998, cando A los que aman abriu a terceira edición do OUFF.

A cinta conta a secreta paixón dun médico rural que acaba por zarandear a existencia de todo o seu contorno até o punto de plantar ao espectador en encrucilladas nas que, antes ou despois, acabará caendo. Un dos seus protagonistas principais era Patxi Freytez, quen sería recoñecido polo grande público despois da súa apartición na serie de televisión Policías.

Porén, non foron os únicos nomes que habería que destacar aquela edición. Por riba de calquera outro, Tinieblas González, ourensán de nacemento, quen presentaba a súa curtametraxe Por un infante difunto baixo o brazo. A obra estaba rodada en 35mm e en branco e negro e colleitou o premio de Canal+ á mellor curtametraxe española. González voltaría ao OUFF con The Raven, a adaptación dunha peza de Edgar Allan Poe que acadaría o Goya á Mellor Curtametraxe en 2001. Polo seu particular estilo e, sobre todo pola súa conexión co público de Ourense, o seu rostro ficou na retina e no cariño de moitos espectadores que aínda asocian hoxe o cine indepentende coas súas experiencias tras da cámara.

Do outro lado (das cámaras) estaban Lola Dueñas con En medio de ninguna parte (Javier Rebollo, 1998) ou Marisa Paredes con ¡A trabajar! (Alain Guesnier, 1998), pero tamén Nancho Novo e Chete Lera, que achegaron Finisterre (Xavier Villaverde, 1998) a Ourense. A cinta galega supuxo o peche da terceira edición do Festival de Cine, e contou coa presenza de, entre outros, o produtor de Continental Pancho Casal. Como veredes na fotografía, custa traballo recoñecelo sen a barba que loce hoxe en día. Aínda que para irrecoñecibles, as facianas de Jorge Coira (prometéramos amosala) ou de Ángel de la Cruz, director e guionista de Arrugas.

A tentación de xogar ao antes e o despois é grande, e se cadra por iso deixaremos algunhas fotos curiosas gardadas para a seguinte entrega do Pasaron por aquí. (Ou o que é o mesmo: to be continued…)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s