Pasaron por aquí, vol. II

Día -50 | Hai personaxes sen os que sería imposible construir unha historia. E a historia do Festival Luís Tosar na oficina do OUFFde Cine de Ourense, camiño da súa decimosétima edición, non se entendería sen a participación dun actor que vai camiño de bater todos os rexistros de popularidade no mundo do cine. Falamos de Luís Tosar (Lugo, 1971), que estes días estrea a última produción: Operación E, a cinta dirixida por Miguel Curtois que conta a liberación de Clara Rojas e o seu fillo Emanuel da man das FARC. [ver tráiler]

A realidade é que, das dezaseis edicións anteriores do OUFF, Luís Tosar só faltou ás citas de 1997, 2008 e 2011. Na primeira edición do Festival (corría o 1996 e chamábase Luís Tosar e Unax Ugalde, en 2004OFF), Tosar protagonizaba a divertidísima curta O Matachín, dirixida por Jorge Coira (a súa foto no catálogo é impagable). Despois dun ano de barbeito, encadeou once participacións consecutivas: Una extraña mirada (de José Manuel Quiroga, 1998), Si lo sé, no vengo (de Manolo Gómez, 1999), Amor Serrano (de Luís Liste, 2000), Lena (de Gonzalo Tapia, 2001), El barbero ciego (de Alber Ponte) e Trece badaladas (de Xavier Villaverde, en 2002), Ciclo (de David e Tristán Ulloa, no 2003), Lentura (de Pachi Baranda e Manuel Nanín, en 2004), Galatasaray-Dépor (de Hannes Stöhr, peli de inauguración en 2005), La vida que te espera (de Manuel Gutiérrez Aragón, en 2006), e Amnésico por compasión (de Guillermo Arias e Carbajal Alonso, en 2007).

En 2008, vai ti saber se foi porque era a 13ª edición, decidíu ausentarse, pero ao ano Luís Tosar, ao vivo no OUFFseguinte reapareceu con forza: a película de inauguración de 2009, Celda 211 (de Daniel Monzón) garantiríalle o Premio ao Mellor Actor nesa edición dos Goya. Tamén o puidemos ver en La noche que dejó de llover (de Alfonso Zarauza). E no 2010 faría dupla… ou máis ca iso: producía e actuaba en 18 comidas (de Jorge Coira), tamén o puidemos ver en Os Crebinsky (de Enrique Otero) e até se animou a tocar ao vivo na gala de inauguración co seu colega Piti Sanz.

Se cadra por iso, no 16OUFF quixemos darlle un merecido descanso que aproveitou para irromper de novo con forza en También la lluvia (de Icíar Bollaín), a película que rodaba en Bolivia mentres Ourense acollía a estrea de Celda 211.

E este ano, pasará Luís Tosar polo 17OUFF?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s