Pasaron por aquí, vol. I

Benito Zambrano en Ourense Día -51 | A propósito da inclusión de La voz dormida na lista de candidatas a Mellor Película Europea do Ano, inauguramos hoxe unha sección de vellos (ou non tanto) coñecidos do OUFF. A honra de abrir esta sección tena o director sevillano Benito Zambrano (Lebrija, 1965), quen o ano pasado quixo acompañarnos durante a premiere da súa última longametraxe, a que serviu para a apertura do 16OUFF. Logo de ser proxectada en Ourense, La voz dormida foi designada pola Academia de Cine na terna de posibles representantes aos Oscar de Hollywood, e colleitou 9 candidaturas aos Goya, entre elas as de Mellor Director e Mellor Película (finalmente conformouse con tres: Actriz de Reparto –Ana Wagener-, Actriz Revelación –María León– e Canción Orixinal).

Pero voltemos á figura de Benito Zambrano. Sen ser un dos autores máis prolíficos do Rold de prensa Zambrano Vegacinema español, sorprendera a propios e alleos con Solas (1998), á que lle seguiron Padre coraje (2002) e Habana blues (2005). Despois de seis anos sen publicar nada, a expectativa sobre o seu novo traballo era alta. Así se demostrou na multitudinaria rolda de prensa que ofreceu xunto á actriz Amparo León (foto). Se ben a súa estadía na cidade foi efímera (houbo que retrasar a rolda de prensa previa ao pase e, segundo este rematou, partiu cara Madrid), o director andaluz tivo tempo para enchouparse da actualidade local e departir sobre a situación do Festival de Cine mentres ceaba nun establecemento da zona de Viños da cidade.

[Ligazón externa: entrevista a Benito Zambrano en acualquiercosallamanarte]

A competencia na carreira a Mellor Película Europea do Ano será dura. Entre as compañeiras de viaxe están Carnage, de Roman Polanski, ou Shame, de Steve McQueen, por citar dúas que xa puidemos ver nos ciclos do +CINE. Pero tamén hai outras como Alps (Yorgos Lanthimos), Love (Michale Haneke), The Angel’s Share (Ken Loach), Avalon (Axel Petersén) ou Cesar deve morire (Paolo Taviani), canda outros 47 títulos. En calquera caso, desde o OUFF desexámoslle a mellor das sortes a La voz dormida.

Fernanda Del Nido e Pedro AlonsoPor certo, que sen escapar da actualidade, habería que sinalar o nome da produtora Fernanda Del Nido, integrante do xurado internacional do 60 Festival de San Sebastián. Outra vella coñecida do OUFF onde, amáis de traballar como xurado e dentro da propia organización, lembrámola como produtora de 18 comidas (Jorge Coira), filme que abriu o pasado 15OUFF. Parabéns ao certame donostiarra pola súa elección.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s