Fabricando o cartel e o spot

Día -52 | Cables, flashes, obxetivos, proxectores, actores… Nas salas azul e vermella do Auditorio VIDEOde Ourense está todo listo para a rodaxe do spot e a sesión de fotos que dea orixe ao cartel do 17OUFF. Logo dunha mañá de probas, principalmente para a iluminación e os encadres, esta tarde comezará a tomar forma a imaxe do Festival de Cine Internacional de Ourense para 2012. A escolla das imaxes non será caprichosa: detrás desta sesión hai un traballo previo de brainstorming. Ou o que é o  mesmo, traducido a roman paladino: a) darlle uso ás meninxes de forma colectiva e inventar un motivo, de aí a b) conformar unha historia e, posteriormente, c) facer unha proxección dela en imaxes para, finalmente, d) desenvolver unha que sirva de símbolo para o evento. O pasado ano recreáronse, tanto no spot como no cartaz, as facianas que Abbas Kiarostami retratara en Shirin (Irán, 2008). Apelábase directamente a un público maduro, evolucionado no discurso cinematográfico, posuidor dunha intelixencia emocional que se manifesta nas diferentes actitudes perante a película… Un público emocionado, quen de dar o paso. E de aí o lema: Tócache!

Para este ano, contamos novamente co fotógrafo Daniel Gallego (autor do cartel do 16OUFF) e coa realizadora Natasha Lelenco (a quen lle debemos o Como se fixo o 16OUFF), integrantes do equipo gráfico do Festival de Cine. Eles serán os encargados de dirixir a un grupo de improvisados actores que se implican de forma voluntaria e achegando o seu gran de area a unha sesión na que, cando menos, sacaremos varias cousas en limpo: unha chea de recursos para a imaxe do 17OUFF e, sen dúbida, unha grande dose de bo humor.

Cartaz e spot son dous recursos básicos en calquera evento cinematográfico que se prece, e namentres non se acenden os proxectores, a única cara visible do Festival para o resto do mundo. Porén, a imaxe do OUFF non se reduce ás nosas creacións: a percepción que a xente posúe do Festival é a máis poderosa arma de comunicación. Por iso, para o 17OUFF xogarase de novo coa complicidade dun público, o de Ourense, que leva un ano demostrando (lembremos a masiva presenza de espectadores durante as proxeccións do +CINE) que gosta do cine de calidade alleo ao circuito comercial.


Ligazón externa: [Reportaxe sobre a campaña do 16OUFF en briefinggalego.com]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s