Quen ve todas esas películas?

Día -53 | – Ah, traballas no Festival de Cine, que guai… estarás farto de ver pelis.
– Por si… en certa medida…
– E logo, quen ve as películas que recibides?
Pois si, en certa medida: As películas que recibimos na oficina do OUFF (128 longas, este ano, amáis doutros tantos traballos que non cumprían cos requisitos da convocatoria e que chegaron igualmente) vanse visualizando a medida que chegan ás nosas mans, de forma que a peneira vaia aplicándose canto antes, que o tempo apremia. Así, a primeira ollada sobre as películas recibidas facémola os traballadores do Festival, pero non é o noso o criterio definitivo.

O seguinte paso é trasladarlle todo este material (os discos duros son de gran axuda nas últimas edicións… pero diso xa falaremos outro día) ao chamado “comité de visualización”, integrado por un equipo de persoas de fonda formación cinéfila e audiovisual. Serán eles, en definitiva, os encargados de acertar  a programación do OUFF: unha sección oficial, cos filmes a concurso, e seccións paralelas formadas por outras películas que ben pola súa calidade, pola orixinalidade ou pola ocasión, merezan ser exhibidas malia que non teñan cabida dentro da ducia de películas da sección oficial.

Que obxectivos persegue este comité? Como rezan os nosos mandamentos, “as obras cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras e controvertidas producidas e en todo o mundo, que contribúan ao entendemento mutuo de todas as culturas”. Innovadoras tanto no aspecto formal -vénme á cabeza a maneira de gravar de Adrian Sitaru en Pescuit Sportiv– como temático -a quen non lle sorprendeu a proposta de Suiker?-. Controvertidas en canto, en termos dialécticos, propoñan un debate social e a súa superación: que contribúan, digámolo así, á deixar unha pegada na sociedade. O debate, neste sentido, está aberto.

E vén a conto todo isto porque esta mesma tarde hai reunión dese comité de visualización (na foto, a  mesa en torno á que se xuntan). E non vos quero nin contar o que aí ocorre: horas de argumentos confrontados, visións diferentes sobre o cinema e, como conclusión na meirande parte das veces, unha vintena de títulos sobre os que haberá que seguir discutindo nunha nova reunión. A ver se conseguimos colarnos na reunión e vos podemos ir adiantando algo… pero só na súa xusta medida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s