Menos mal que nos queda Audrey

(Aínda no) Día -53 | Nanni Moretti amosounos, nas primeira parte de Habemus Papam  (Italia, 2011), o tenso e arduo proceso de elección do xefe da Igrexa romana. A selección oficial dun festival, salvando a expectativa mediática e (ás veces non tanto) as reticencias dos propios elixidos, nace máis ou menos así.

A posta en escena, obviamente, non é tan espectacular. Pero mirando de esguello á sala de xuntas do Festival de Cine de Ourense, só un valente se atrevería a desbotar a idea do fume. Polo baixo escoito frases como “esa secuencia magnífica” ou “a idiosincrasia do cine asiático” pero, sacadas de contexto, vai ti saber.

audrey 'ghichando' na reunión do comité de visualizaciónAlguén que pasou un día por aquí deixounos un cadro de Holly Golightly, aquela personaxe que Audrey Hepburn converteu en icona da elegancia en Breakfast at Tiffany’s (EEUU, 1961). Ela asiste “inocente, astuta, auténtica e sofisticada”, como din todos os clixés, a esta primeira cita coa peneira da selección oficial. E se nos achegamos a ela, cáseque podemos escoitar o que está pensando: “Non se pode facer unha selección así sen levar os beizos pintados.”

Polo de agora, non hai fumeira… seguiremos informando.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s