Sobre as películas recibidas

Día -56 | José M. Campo * | ¡Joder, qué tropa! Esta frase que empregou Mariano Rajoy na presentación da biografía de Esperanza Aguirre (ou que se lle atribúe ao actual presidente do Goberno español: porque  “ao César o que é do César”, e xa que a cousa vai de sentencias, esta debémoslla ao Conde Romanones depois do seu intento fallido por formar parte da RAE) é a que mellor define o traballo recente do 17OUFF.

E é que, aínda que as bases do 17OUFF aceptáronse e publicáronse a mediados de xullo (moito máis tarde que en edicións anteriores, e tendo en conta que o mes de agosto é tradicionalmente unha tempada de vacacións, descanso e lecer para a maioría das produtoras e distribuidoras), e que este ano a sección de competición está dedicada exclusivamente a longametraxes, a resposta do mundo audiovisual á nosa convocatoria foi masiva.
Cada día de agosto recibimos unha inxente cantidade de películas de máis de 40 países diferentes (desde as antípodas arxentinas, pasando por Rusia ou China) pero cun obxectivo único, claro e inequívoco: contarnos historias que non nos deixen indiferentes. Se ademais diso temos en conta que a industria do cinema non é allea á realidade socioeconómica na que nos atopamos, podemos establecer un padrón temático sobre a escena cinematográfica actual, que se encontra marcada pola crise económica global, os conflitos sociais (as circunstancias económicas e políticas, a emigración por motivacións laborais, as relacións interpersonais que xorden desas circunstancias, etc.), a reivindicación de dereitos ou a rutura de tabús (como o tratamento da homosexualidade en países ex soviéticos, onde era perseguida).

Con todo, a miña posición dentro das tripas do festival axudoume a tumbar dous estereotipos sobre o cine alternativo: que o termo “cinema independente” non xenere unha reminiscencia na miña cabeza que diga “buff, unha mala historia ou a paranoia dun director que non ten cabida no cine comercial porque non ía recadar nin un euro” e que no mal chamado “terceiro mundo” ou países en desenvolvemento non se fan películas.

En resumo, as películas que chegan ao OUFF son coma os fillos: algunhas destacan máis ca outras, hainas máis bonitas ou menos, complicadas e sinxelas, fannos chorar, rir, pasar apuro, preocuparnos, emocionarnos, disgustarnos… pero querémolas a todas por igual e cando vemos que son tantos, dicimos: ¡Joder, qué tropa!

(*) José M. Campo traballa na recepción de películas e na coordinación de todos os materiais que chegan á oficina do Festival de Cine.

[Descarga a Nota de Prensa do OUFF sobre os filmes recibidos /también en castellano/]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s