Iniciando un camiño

Día -57 | Ola, mundo. Hoxe abrimos unha fiestra dende a oficina do Festival de Cine Oficina OUFFInternacional de Ourense (chamémoslle OUFF, para abreviar) para irvos dando conta de todos os pasos cara a celebración da 17ª edición da nosa festa. A través destas liñas iremos contándovos o traballo diario da oficina, pero tamén queremos que nos acompañedes neste camiño. E así, compartir o blog con todas aquelas persoas que se animen a embarcar con nós nesta singradura: directores, actores, espectadores, técnicos, responsables doutros eventos cinematográficos, xornalistas… Un espazo aberto a toda a familia do audiovisual e a todos os amantes da sétima arte. Voso é este (blog do) 17OUFF.

Sobre a mesa, tantos asuntos como queiramos sacar a colación: a importancia dun festival nos tempos que corren, o papel do cinema no contexto social actual, as dificultades ou as posibilidades, filmografías destacadas, conexións co OUFF… Até o 2 de novembro aínda quedan días, pero semella que non nos chega o tempo de comezar.

Vimbios hainos: tentemos facer un bo cesto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s