O exército de Pancho Villa (vol. IV: Comunicación)

Día -35 | No abecé dos manuais de Comunicación dise que esta é inherente ao ser humano. Unha ferramenta para transmitir con obxetivos claros e determinados, mesmo calculados. O propio Pancho Villa, co fin de que o imperio apoiase a súa causa, quixo promocionarse a si mesmo como amigo dos “gringos”. Pero o departamento de Comunicación do OUFF, lonxe de fins propagandísticos (ou se cadra non tanto…), concíbese como parte consustancial da organización: ser a súa lingua, a súa faciana visible, o perfume que emana… a maquinaria que traballa, en definitiva, para a mellor das percepcións do Festival. Até aí todo ben, agora imos cos detalles… Seguir lendo

Advertisements

A primeira película, na oficina

Día -35 | A chegada da primeira película de competición á oficina adoita ser un acontecemento só comparable ao espertar máxico da noite de Reis. Consiste o tema nun paquete de grandes dimensións, procedente dun país afastado (canto máis exótico, máis cotizado o selo e maior a emoción) e cunha pegatina de Fráxil no seu exterior. No seu interior, dúas latas co filme en película de 35mm. Pero os tempos do cambio son chegados: Acabamos de recibir a primeira película de competición do 17OUFF na oficina e, oh sorpresa… era un sobre pequeno. Seguir lendo

Unha man, dúas mans, tres mans…

Día -36 | Dende vai unha semana álzanse, ao longo e ancho da cidade de Ourense, mans de diferente apariencia. Algunhas apuntan alto, como quen reclama dicir algo, tomar a palabra por riba do ruído imperante. Outras, pola contra, semellan querer soster algo, servir de apoio. E tamén as hai que se amosan fachendosas, dando un paso á fronte e reclamando un cambio e un lugar propio. Que misterio, este das mans que hai por Ourense adiante! Mans fortes, mans con trazos máis delicados, mans tatuadas e mans limpas de artificios. Mans con discurso, mans con descaro e mans con vontade e con vocación. Seguir lendo

Pasaron por aquí, vol. VI

Día -37 | O Festival de Cine de Ourense foi, de sempre, un escaparate único para ver, antes que en ningún outro sitio, producións que acabarían por se converter en perlas do cinema independente. Neste sentido, tamén podemos dicir que pola cidade pasaron directores que se converterían en referentes dun modo de facer cine… até o punto de dar o salto a Hollywood. Un dos máis sobranceiros foi Alejandro Amenábar, que no 2ºOUFF acodeu a Ourense para a proxección de Tesis (1996) e para a presentación, no Teatro Principal, do making of de Abre los ojos (1997). Ollo, primicia mundial. Seguir lendo

O exército de Pancho Villa (vol.III: Imaxe e Gráfica)

Día -38 | En todo exército sempre hai un destacamento que actúa por libre. Que se bota ao monte sen agardar por ordes previas. Son, de entre todos, os máis estilistas, os que posúen a arte da batalla no código xenético. No exército de Pancho Villa, ese papel correspóndelle ao departamento de Imaxe e Gráfica, o encargado de debuxar a nosa faciana cara o exterior. Fotografía, deseño gráfico, pezas audiovisuais… son as señas de identidade do seu departamento. Eles son Natasha Lelenco e Daniel Gallego, o batallón máis artístico do 17OUFF. Seguir lendo

De onde vén a Calpurnia?

Día -39 |  Este sábado pola mañá, escoitando o programa de radio A vivir que son dos días que dirixe Javier Del Pino na Cadena SER, entrei en pánico cando un dos seus colaboradores, o fantástico Javier Cansado, comezou a enumerar “nomes de premios de festivais de cine que lle gustaban e nomes que non”. Pensei: Xa verás ti como… E así foi que, tras La Concha (San Sebastián) e La Espiga (Seminci), caeu en desgraza a nosa Calpurnia (min. 20:18). Efectivamente, admirado Cansado, o nome vén dunha muller. Non a do César (Julio), pero si a da primeira habitante acreditada da cidade de Ourense. Seguir lendo

A necesaria revisión dos festivais de cine 3/3

Marcos Nine* | Día -42 | [Entregas anteriores: 1/3 e 2/3] É necesario en pleno 2012 seguir con festivais de alfombra vermella pola que desfilen as caras coñecidas do momento (na versión máis ostentosa) ou estrelas de capa caída (na versión máis modesta)? Ao meu xuízo, non. Os grandes esforzos dun festival deben ir encamiñados a ter unha programación sólida e unha liña editorial clara e definida. É dicir, mandar a mensaxe de: “Este é o tipo de cine polo que apostamos”. O demais é accesorio. Seguir lendo